O BNG ve “lamentable” que o PP presuma de servizos ferroviarios “que non existen”

O voceiro do BNG-Asambleas Abertas no concello de Lugo, Rubén Arroxo, cualificou como “lamentable” a viaxe que esta tarde realizaba o deputado do Partido Popular no Congreso Joaquín García Díez entre Lugo e Madrid para comprobar  de primeira man os servizos nas dúas novas frecuencias diarias  entre a cidade da muralla a a capital de España.

Arroxo acusou ao deputado popular de “querer enganar aos lucenses” presumindo de viaxes “que non existen”. “Queren enganar aos lucenses que xa coñecemos cales son os servizos ferroviarios que chegan á nosa cidade e cales foron as políticas do Partido Popular neste eido”, subliña.

O representante do BNG no concello propúxolle ademais ao actual voceiro do Partido Popular no concello de Lugo e deputado no Parlamento galego, Jaime Castiñeira “que emule ao seu compañeiro de partido e faga a viaxe a Santiago en Ferrocarril”.

Dende a formación nacionalista lembran que xa reclamaron en numerosas ocasións ao Goberno de España unha mellora nas comunicacións con Lugo en tren. Rubén Arroxo sinalou que “é necesaria unha mellora no servizo de cercanías que une os concellos polos que pasa o trazado existente con Lugo”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com