Encontro de alumnos da Fundación TIC con finalistas aos Mestre Mateo

Os alumnos da Escola de Imaxe e Son da Fundación TIC (EIS) tiveron ocasión de coñecer de preto os traballo de tres dos finalistas aos XIV Mestre Mateo, na categoría á mellor longametraxe. Na mesa redonda, que tivo lugar na Escola de Imaxe e Son, participaron os produtores de El Desconocido, Emma Lustres, e de Lobos Sucios, Carlos Amoedo, xunto ao actor Hugo Torres de Las Altas Presiones. A iniciativa forma parte dos Encontros que a Academia do Audiovisual Galego organiza como preámbulo á Gala de entrega dos premios, que terá lugar o día 23 de abril na Coruña.

Na presentación dos poñentes, o patrón da Fundación TIC Álvaro Santos subliñou “o talento dos creadores galegos que trunfan en medio mundo, aos que agradecemos que acheguen as súas experiencias á nosa Escola”. Santos valorou “que profesionais de éxito trasladen os seus coñecementos aos nosos alumnos, aos que ao longo do seu proceso formativo mantemos en contacto directo co mundo audiovisual, de cara a facilitar a súa futura inserción laboral”.

A Fundación Tic participou a través da Lugo Film Commision na fase de preproducción de Lobos sucios, coa produtora Agallas Films, coa que colaborou cun bolseiro da EIS e coa produtora Matriuska Films na procura de localizacións e permisos para a rodaxe de Las Altas Presiones en Mondoñedo.

Para rematar, ademais de desexar moita sorte aos candidatos, o patrón da TIC expresou o “seu desexo de que nun futuro próximo, “algúns dos nosos alumnos interveñan como candidatos aos Mestre Mateo, nesta mesa redonda”.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com