Visita do coronel Sancha Orduña á Subdelegación do Goberno

O subdelegado do Goberno, Ramón Carballo, recibiu esta maña no seu despacho ao delegado do  Ministerio de Defensa en Galicia, Juan Carlos Sancha Orduña. Esta foi a primeira visita oficial á cidade de Lugo dende que tomara posesión en xullo do ano pasado. O coronel estivo acompañado polo subdelegado de Defensa na provincia, Ricardo Jesús Súarez Delgado

No transcurso da xuntanza, Ramón Carballo e Juan Carlos Sancha abordaron algúns dos ámbitos de actuación do Ministerio de Defensa na provincia.

As Delegacións de Defensa son órganos territoriais que se constitúen no ámbito das Comunidades Autónomas e nas cidades de Ceuta e Melilla, para a xestión integrada dos servicios periféricos de carácter administrativo do Ministerio de Defensa e dos seus organismos públicos.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com