Lara Méndez reúnese con representantes do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, mantivo este martes un encontro con representantes do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia, no que abordaron diferentes asuntos relativos ao seu ámbito profesional, relacionados co desenvolvemento da cidade. Esta xuntanza enmárcase dentro da dinámica de proximidade da rexedora cos colexios profesionais da cidade, tras as reunións mantidas con asociacións veciñais, entidades sociais e colectivos empresariais, “todos eles actores da vida diaria da cidade”.

Tras a reunión, Lara Méndez fixo fincapé na importancia de colaborar e buscar sinerxias entre a administración pública e entidades privadas, “pois ambas as dúas somos capaces de garantir servizos de calidade aos veciños e facer cidade entre todos”.

A rexedora mantivo nas últimas semanas reunións co Colexio Oficial de Aparelladores, Arquitectos Técnicos e Enxeñeiros de Edificación de Lugo, o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, co Colexio de Avogados de Lugo e co Colexio de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Lugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com