O mozo falecido nun accidente en Baamonde era membro dunha coñecida familia lucense

A últimas horas de onte, tiña lugar un accidente na intersección da A6 e a A 8 onde faleceu un mozo e quedaron feridos outros dous, por causas que aínda se descoñecen. O accidente produciu un fondo pesar na capital lucense, pois, o condutor do vehículo era o neto dun coñecido empresario de Lugo do sector da hostalaría, propietario actual da cafetaría Kennedy e tamén por estar presente dende hai moitos anos cunha caseta de polbo no san Froilán, a caseta de Manolo de Marce, que era avó do mozo tristemente desaparecido.

Ao parecer os tres mozos volvían de entrenar de Vilalba, pois os tres eran futbolistas do Racing e a altura do enlace de Baamonde perderon o control do vehículo saíndose da calzada.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com