Os profesionais do Márketing online, a comunicación e Social Media teñen un novo punto de encontro en Lugo.
Chámase NetLab e na súa primeira edición dúas características unen aos relatores: a súa paixón polo mundo online e a súa orixe, son todos da provincia de Lugo.
O próximo 16 de Abril celebrarase na La Ferretería Eventos y CO. a primeira edición de NetLab, Laboratorio de profesionais. Organizado por estati.co, Carmen Porteiro e APM Social, nace coa intención de dar a coñecer aos profesionais do sector online e as iniciativas que están a levar a cabo nesta contorna e no que colabora Xornal de Lugo e Lugo Si Radio
Estrutúrase en breves relatorios de casos prácticos e experiencias profesionais que culminarán coa análise dos participantes de varios proxectos, seleccionados pola organización de NetLab, entre os enviados polos asistentes. Recibirán asesoramento, recomendacións e suxestións dos mellores profesionais do sector para mellorar o seu proxecto.
NetLab está dirixido a autónomos, emprendedores, PEMES, profesionais e interesados en formarse en comunicación, márketing dixital e social media. Nesta primeira edición de NetLab, todos os relatores do evento son profesionais da provincia de Lugo cunha dilatada carreira profesional no ámbito da comunicación dixital e que desenvolven a súa actividade en importantes empresas do sector a nivel, local, nacional e mesmo internacional.
NetLab contará como relatores con Carlos Longarela, CTO de DNG Photo Magazine, unha revista dixital sobre fotografía que cumpre este mes de abril o seu 10º Aniversario; Veronica Ramallal CEO de Pekecha, experta en Márketing dixital e Social Media; Alvaro Fontela, Consultor e desarrollador WordPress en Raiola Networks, unha nova e importante empresa aloxamento web que opera dende Lugo; Marta Lorenzo, do departamento de Márketing & RRPP de Campomayor; Diego Ferreiro, UI & Web performance en Salesforce, co que trataremos de conectar desde Palo Alto (California EEUU); Jacobo Lázare, Fundador de DiscoAzul.com ou Perros.com; Marcos Fernández, xefe de prensa de C.B. Candelas Breogán e Miguel Carreira ,SEO SEM Consultant en Flat101.
O aforamento para esta primeira edición é de 50 asistentes e é precisa a inscrición previa na páxina web do evento, onde indica que as entradas están a piques de esgotarse.