O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, un membro da Federación Galega de Triatlón, Paco Villanueva, e o organizdor da proba deportiva, Miguel Fernández, presentaron este xoves no Salón de Plenos o XXVI Dúatlon Cidade de Lugo-Memorial Alejandro López, enmarcado dentro do Circuíto Galego, que se celebrará o vindeiro domingo 10 de abril nas inmediacións do Pazo de Feiras e Congresos, á beira do río, a partir das 10:00 horas. Fernández subliñou que “o Concello colabora coa federación nesta proba deportiva, posto que se enmarca na nosa aposta por fomentar a práctica deportiva ao tempo que promovemos a cidade de Lugo”.
O edil fixo fincapé en que Lugo “é unha cidade que respira e que está volcada co deporte, co profesional e co deporte de base, ao tempo que destacou o arraigo do atletismo e do ciclismo en Lugo, dous deportes que cada vez gañan más adeptos”.
Pola súa banda, Fernández e Villanueva agradeceron a colaboración do Concello para celebrar esta proba, pois a axuda da administración é “absolutamente imprescindible e indispensable para poder desenvolver convintemente calquera competición deportiva”, ao mesmo tempo que convidaron a todos os lucenses a baixar o domingo ao carón do río para poder gozar desta competición de primeiro nivel con atletas de primeiro nivel.
Esta competición, na que participarán ao redor de 200 deportistas, terá unha distancia de 2,5 quilómetros de carreira a pé, 13 en bicicleta e 1,25 quilómetros de carreira a pé para a proba popular e de 5 quilómetros a pé, 20 quilómetros en bicicleta e 2,5 quilómetros de carreira a pé, para o campionato galego. Ás 10:00 horas será a saída da proba popular, ás 11:00 horas da categoría feminina e ás 12.15 da categoría masculina. Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría, e 3 premios de 150, 100 e 50 euros para os primeiros, segundo e terceiros clasificados, respectivamente, para a categoría masculina e feminia. Así mesmo existe un premio para o primeiro club masculino e feminino de 200 euros. A todos os que rematen a proba se lles entregará un agasallo conmemorativo.
Os dorsais poderanse recoller na carpa de organizació, no Pazo de Feiras e Congresos, de 08:30 a 09:45 horas para a proba popular, e de 08:30 a 11:00 para o campionato galego.