O BNG pídelle ao concello que poña en marcha a rehabilitación do barrio da Milagrosa

O BNG-Asambleas Abertas no concello de Lugo pídelle ao Goberno local que poña en marcha o proxecto para a Rehabilitación e Rexeneración Urbana no barrio da Milagrosa. O voceiro dos nacionalistas no concello, Rubén Arroxo, lembra que hai un ano se anunciaban os primeiros pasos para o proxecto, pero non se volveron ter noticias ao respecto dende hai meses.

Por este motivo, Arroxo presentará unha pregunta en comisión para interesarse polos prazos previstos para esta actuación. “Dende mediados de 2015 non se volveron ter noticias ao respecto, dando a sensación de que unha cuestión desta importancia quedou no esquecemento”, subliñaba.

Arroxo lembra que o barrio da Milagrosa é o máis poboado da cidade e nel atópanse centos de vivendas en mal estado.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com