Pilar García Porto

O PSOE de Antas denuncia que as obras na Praza de España empeoraron a seguridade

A voceira do PSOE en Antas de Ulla, Pilar García Porto, anunciou hoxe que “presentará no vindeiro Pleno unha proposta á Alcaldía co fin de corrixir as deficiencias de accesibilidade que ten a obra faraónica da praza de España”. Asemade denunciou que “o Alcalde de Antas investiu máis de 400.000 euros nunha obra que non responde ás necesidades dos veciños, xa que empeora e non cumpre, a finalidade para a que foi feita”, que era a mellora de accesibilidade desta praza.

García Porto explicou que estes mesmos dias “houbo media ducia de accidentados nesa Praza, algún incluso tivo que recibir asistencia médica in situ”. Na proposta, que o Grupo Socialista de Antas de Ulla presentará ao Concello, demanda que “se revisen o elementos arquitectónicos que afectan á seguridade peonil, e solicita que se proceda a súa retirada ou que se modifique ou se sitúen doutro xeito”. Tamén reclama que se contemple a colocación de novos elementos que melloren a súa accesibilidade.

A voceira socialista critica tamén “que fai 3 escasos meses que se abriu a remodelación da Praza de España, e polo de agora, non esta cumprindo a súa función”. Nese senso advirte que “o grupo socialista xa denunciou no seu momento que a execución desta obra foi precipitada e o remate forzado”.

Por último a voceira socialista empraza ao Alcalde “a que tome cartas no asunto con seriedade e responsabilidade, porque o que esta en xogo é seguridade viaria é a calidade de vida dos veciños de Antas de Ulla”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com