Lugonovo propon impulsar a Praza de Abastos a través das novas tecnoloxías

Coas reformas do edificio da Praza de Abastos a piques de rematar, e continuando co desenvolvemento do Plan de Revitalización Integral que propuxo para o casco histórico, “Lugonovo entende que dende o goberno local débese seguir impulsando a renovación e a modernización da nosa Praza co fin de construír un novo concepto de mercado adaptado aos tempos de hoxe” Segundo Lugonovo, “trátase, neste caso, de reimpulsar a  Praza, poñendo en valor o Portal de Comercio Electrónico que hai dous anos se deseñou dentro do Plan Urban, e deste xeito, facer máis competitivo este mercado con respecto ás grandes superficies para recuperar á clientela, sobre todo entre a mocidade”.

O Voceiro de desta formación Fernández Rocha resaltou a importancia de” potenciar un espazo innovador que posibilite a compra sen necesidade de achegarse á Praza, e permita unha rápida distribución a domicilio dos produtos típicos da Terra. Unha maneira de converter a nosa Praza nun eixe vertebrador do comercio local de proximidade, economizando o tempo dos consumidores para que poidan facer os seus pedidos mediante os novos medios tecnolóxicos”.

Un Plan, en definitiva, que ademais do Portal de Comercio Electrónico, xa en marcha, debe completarse cun plan de formación, de distribución e de marketing, que permita poñelo en valor rompendo coa sensación de inoperanza actual.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com