Ferida grave unha persoa tras un accidente de tráfico no lugar de Ramil

Unha persoa resultou ferida grave esta tarde a causa dun choque frontal entre dous turismos en Lugo, na Nacional Sexta, concretamente no lugar de Ramil, en sentido A Coruña.

Segundo o servizo de emerxencias 112, como consecuencia do golpe o ferido quedou atrapado no interior do vehículo no que viaxaba e precisou a axuda dos bombeiros para saír.

Ademais dos efectivos do parque municipal, ata o lugar do accidente, se desprazaron os axentes da Garda Civil e os técnicos de Urxencias Médicas. As chamadas ao 112 de varios condutores sorprendidos polo golpe permitiron poñer en marcha o operativo, que completaron os membros do servizo de limpeza e mantemento do Ministerio de Fomento.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com