Unha muller perde a vida ao caer nunha fosa de xurro en Samos

O tráxico suceso ocorreu sobre as seis e media da tarde de hoxe no lugar de Nande, na parroquia de San Cristovo do Real, no Concello de Samos.  O CAE 112 Galicia recibiu o aviso dun técnico sanitario que se desprazou ao domicilio dende o Punto de Atención Continuada (PAC) da vila. Foi o servizo de emerxencias 112 quen avisou a Garda Civil e aos bombeiros de Sarria que se desprazaron ata o lugar para rescatar o corpo sen vida da muller.  Arestora os servizos de emerxencias continuan no lugar do suceso.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com