Tráfico intensificará a vixilancia sobre os tractores. O subsector de Tráfico de Lugo incrementará tamén nas próximas datas os controis sobre todo tipo de maquinaria agrícola ou de obras e servizos.
Entre as medidas que se levarán a cabo destaca o control exhaustivo do cumprimento por parte destes vehículos das condicións técnicas e de seguridade. Vixiarase ademais que as inspeccións técnicas se atopen en vigor, así como que o seguro obrigatorio estea vixente. No caso que sexa procedente tamén se someterá aos condutores a probas de alcol e drogas.
Dende a agrupación de tráfico lembran que nas últimas semanas se produciron varios accidentes graves en estradas da provincia con maquinaria agrícola, motivo polo que recomendan extremar a precaución para evitar este tipo de percantes.