Concello e Igadi buscan posicionar Lugo en África e Brasil

O concello e o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (Igadi) achegan posturas para posicionar a Lugo e Galicia en África e Brasil.

Esta mañá a concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, mantivo unha xuntanza co representante do Igadi, Daniel González Palau. Na reunión, Daniel González presentoulle á edil un proxecto de innovación que ten como obxectivo posicionar a Lugo e a Galicia en África, Brasil e os países da CPLP (Comunidade de Países de Lingua Oficial Portuguesa), incentivando a coherencia política a través da estratexia dixital.

O Concello salientou que estudará as posibles vías de colaboración con este proxecto que contempla unha primeira fase de posicionamento, unha segunda baseada na celebración de xornadas físicas en Burela, Lugo e Santiago e a terceira e última, a publicación dun libro.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com