Visita de Darío Campos á Protectora de Animais

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e a Deputada de Medio Ambiente, Sonsoles López Izquierdo, participaron este mércores, acompañados do Presidente da Sociedade Protectora de Animais e Prantas de Lugo, Javier García Calleja, nunha visita polas instalacións deste centro para coñecer de preto a labor que realizan dende a protectora, así como as necesidades que poidan ter, co fin de buscar novas colaboracións para mellorar a súa actividade.

Campos Conde recoñeceu “o grande traballo que se está a realizar dende a protectora, que foron capaces de rescatar durante o 2015 a máis 1.200 animais, dos que 450 acabaron sendo adoptados”.

López Izquierdo subliñou “a sensibilidade que demostra o organismo provincial tanto co eido animal coma co medioambiental da provincia, impulsando tamén actividades dirixidas a todas as idades que están encamiñadas a crear conciencia sobre a importancia de preservar a flora e a fauna da provincia; a riqueza máis grande que calquera de nós podemos ter”, sentenciou.

Pola súa banda García Calleja agradeceu a “constante colaboración e compromiso da Deputación coa protectora, sen a cal non poderíamos levar a cabo o noso traballo diario, tal e como o estamos a facer hoxe en día”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com