Conferencia de Iago Pérez Santalla organizada por Aspnais

O próximo venres, ás 20:00 horas, na Casa do Saber do Vicerreitorado da Universidade en Lugo, o doutor Iago Pérez Santalla , pronunciará unha conferencia sobre “O ILÍMITE DA APORTACIÓN MUTUA”.

Iago Pérez Santalla, escritor e coach lucense, é un perfecto exemplo de superación de calquera tipo de barreiras e, por iso, foi elixido por Aspnais para vir falar a Lugo dentro das celebracións do cincuentenario da entidade.

Diplomado en Educación Social, Master en Servizos Culturais e Coaching e Doutor en Humanidades pola Universidade de Santiago, leu en 2015 a súa tese doutoral sobre “O límite”, que foi cualificada de sobresaínte cum laude.

A súa teoría do “límite” (que ten levado á práctica de xeito total) sostén que calquera persoa non ten máis límites que os que ela mesma establece, sendo polo tanto ilimitada a capacidade de progresar na vida, no máis amplo sentido de “progreso”.

Aspnais, á vez que se comprace en invitar a todos os lucenses a asistir a esta conferencia, congratúlase de poder ofrecer entre os actos do seu cincuentenario unha exemplar proba de superación humana, como están conseguindo a cotio (cadaquén na medida das súas posibilidades) os usuarios desta Asociación de pais e titores de persoas con discapacidade intelectual.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com