Manuel Núñez participou no programa municipal Vivir Xuntos Convivir

O Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas Manuel Núñez, participou no Salón de Actos do Centro de Convivencia Uxío Novoneyra no acto de presentación do libro “Trabajar la convivencia en los centros educativos, una mirada al bosque de la convivencia”, que correo a cargo de Pedro Uruñuela, profesor de filosofía e inspector de educación en Madrid. Uruñuela foi Subdirector Xeral da Alta Inspección do Ministerio de Educación Ciencia, dende o 2004 e 2008.

 Ademais da presentación do libro, durante as xornadas realizáronse outras actividades, entre as que cabe destacar unha que tiña como destinatarios  aos docentes e que se desenvolveu  baixo o título de “Aprendizaxe e Servizo” que tamén correu a cargo do propio profesor Uruñuela. Esta sesión tivo lugar nas instalacións do Parque Infantil de Tráfico.

 O Concello de Lugo, busca a través do programa municipal “Vivir Xuntos Convivir”, a convivencia e resolución pacífica de conflictos nos centros educativos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com