A Garda Civil investiga ao suposto autor dun delito de maltrato animal nunha explotación gandeira en Chantada adicada á producción de leite.
Efectivos do Seprona de Monforte atoparon nas súas instalacións ata 40 vacas mortas e outras 24 con sinais de desnutrición e feridas abertas por todo o corpo.
A Garda civil procedeu xa á inmobilización da explotación gandeira e investígase ao titular da mesma como presunto autor dun delito relativo á protección de animais domésticos.
A investigación xurdiu logo de que os axentes do Instituto Armado tiveran coñecemento dunha elevada mortalidade de reses na granxa, polo que trasladaron á patrulla do Seprona co fin de inspeccionar a instalación e comprobar os feitos e as causas que o provocaron.