Un operario cae dun andamio a tres metros de altura en Ribas de Sil

Un operario tivo que recibir esta mañá atención sanitaria urxente tras sufrir un accidente laboral no lugar de San Clodio, no concello de Ribas de Sil. O sinistro tivo lugar contra as 11 e media cando o traballador caeu ao chan dende un andamio situado a unha altura aproximada de tres metros.

O servizo de emerxencias 112 desprazou a un equipo médico a bordo dunha aeronave con base en Ourense para asistir ao ferido. O traballador foi trasladado ao hospital en helicóptero.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com