Trasladada ao hospital unha muller tras incendiarse a súa casa no Saviñao

Unha muller foi trasladada hoxe ao Hospital Comarcal de Monforte despois de declararse un incendio na súa vivenda do Saviñao, na provincia de Lugo. A muller sufriu unha intoxicación. O lume iniciouse nun salón e estendeuse a unha habitación. Tamén sufriu danos a fachada do inmoble, dende a que podería desprenderse algún cascallo.

Un particular contactou co 112 Galicia pouco despois da unha da tarde. Indicou que vía saír lapas do segundo andar dun edificio situado na rúa de Pardo Bazán, no lugar de Escairón. Os profesionais do CAE 112 Galicia informaron aos Bombeiros de Chantada, a Urxencias Médicas e á Garda Civil.

Ademais, foron mobilizados os Bombeiros de Monforte, que tamén participaron nas tarefas de extinción. O incendio quedou controlado unha hora despois de declararse. Durante a tarde achegáronse ata o lugar técnicos municipais para avaliar os danos causados polo lume na fachada. A contorna do edificio quedou acordoada ante o risco de que se produzan desprendementos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com