Lugo despide o mes de abril cunha nova edición da Semana da Danza

Lugo despide o mes de abril con danza clásica e contemporánea nunha nova edición da Semana da Danza. A quinta edición deste evento terá lugar dende o 25 ata o 30 de abril no Auditorio municipal Gustavo Freire.

Nesta ocasión, a Semana da Danza renderalle homenaxe a Cervantes no 400 aniversario do seu pasamento.

A concelleira de Cultura, Carmen Basadre, fixo fincapé na importancia desta actividade á hora de facer visible, coñecer e divulgar todos os recursos culturais da cidade.

A programación arrincará o luns ás 20:00 horas cunha mostra de repertorio de Danza Clásica a cargo do alumnado de Grao Profesional da Especialidade Danza Clásica do Conservatorio de Danza de Lugo.

Ao día seguinte, o Ballet Norte e centros de danza de Galicia interpretarán un fragmento de Don Quixote en dúas sesións, unha ás 11:30 horas para escolares de primaria e as 20:00 horas para todos os públicos.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com