Lugonovo reúnese co cei-nodus para tratar o problema do emprego

Esta mañá os concelleiros e a concelleira de Lugonovo reuníronse coa coordinadora do CEI-Nodus, Isabel Villamor, para tratar as medidas de emprego recollidas no acordo orzamentario asinado entre o seu grupo municipal e o goberno local. Na reunión, á que tamén asistiu a concelleira do Partido Socialista, Ana Prieto, repasáronse os puntos acordados en materia de emprego e a maneira de levalos a cabo ao través do Centro de Empresas e Innovación.

A primeira das medidas abordadas foi o fomento da economía social por medio de axudas e créditos blandos á creación de sociedades laborais e cooperativas, asi como axudas á contratación indefinida de traballadores e traballadoras. Asimismo plantexouse a xeración dun concurso de ideas, en colaboración coa universidade, con premios para aqueles proxectos que innoven en torno a economía social, sustentable ou solidaria. Tamén se tratou neste eido o proxecto formativo proposto dende Lugonovo para a integración da reciclaxe na paisaxe urbana, como idea arredor da cal promover a creación de emprego e empresas a través dun urbanismo racional e low-cost.

Asemade falouse de apoiar a agricultura ecolóxica, como valor fundamental de desenvolvemento sustentable. Incidiuse en potenciar algún produto singular de Lugo mediante a creación dun Selo de Calidade que permita a súa proxección no mercado e a súa comercialización. Esta proposta  levariase a cabo nun proxecto en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, que estudaría a súa viabilidade e a maneira de implementalo.

Finalmente, e dacordo coas propostas de Lugonovo, propúxose axudar a aquelas empresas que se instalen no noso Concello, cunha relación directa coa  protección do medio ambiente, a inclusión social, a dependencia ou a economía dos cuidados, o consumo responsable e de proximidade, a innovación cultural ou a promoción do turismo sustentable.

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com