A TIC emitirá por streaming os Campionatos de Atletismo

A Fundación TIC emitirá en directo na súa web www.fundaciontic.org dúas destacadas citas deportivas que se celebrarán nos vindeiros días no estadio Gregorio Pérez Rivera de Lugo: o Campionato Galego de Atletismo para Clubs, que terá lugar este sábado 23 de abril, e o Campionato de España de 1ª División de Atletas Feminina, o 30 de abril.

Un equipo de bolseiros e profesionais da TIC será o encargado da emisión, na que se empregarán tres cámaras e o material necesario para a realización por streaming. Todos interesados tamén poderán ver posteriormente as probas na canle de Youtube da TIC.

O patrón da TIC Álvaro Santos lembrou que esta será a segunda vez que a Fundación emitirá por streaming o Campionato Galego para Clubs. “Hai dous anos xa colaboramos coa Federación Galega de Atletismo na difusión desta actividade, con máis de 1.500 seguidores en directo a través de Internet. Unha cifra que, con toda probabilidade, superaremos amplamente xa que tamén emitiremos, neste caso por primeira vez, o Campionato de España de 1ª División Feminina”.

No Campionato Galego para Clubs participarán un total de 8 equipos masculinos e femininos, e no Campionato de España de 1ª División, 4: Lucus Rural, Celta de Vigo, Oviedo e Alcorcón. En total, a cidade de Lugo acollerá uns 800 atletas de toda Galicia, Asturias e Madrid.

 O representante da TIC, que será o encargado de entregar un dos premios o vindeiro sábado, dixo que “con esta colaboración contribuímos a que o deporte de elite serva de exemplo aos máis pequenos e se incentive a súa práctica entre a poboación en xeral. Ademais daremos unha maior proxección a Lugo e a súa provincia, xa que as competicións poderán seguirse desde calquera punto, e moi especialmente desde o lugares de procedencia dos clubs participantes”.

Santos tamén destacou que a importancia de que “os nosos bolseiros realicen unha práctica nun escenario real e empregado o streaming, que cada vez está a ter unha maior demanda no mercado audiovisual para a emisión en directo de todo tipo de acontecementos”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com