Unha ducia de activistas da asociación Santuario Gaia realizan dende esta mañá unha acción de protesta fronte o matadoiro de Monforte para intentar evitar a matanza das 38 vacas, dous touros e tres tenreiros que foron atopados en estado de desnutrición nunha granxa de Chantada.
Nesa explotación gandeira tamén foron atopados outros corenta animais mortos e o seu dono está sendo investigado por un presunto delito de maltrato animal.
A asociación Santuario Gaia reclama que se adopten as reses para evitar que sexan sacrificadas.
O colectivo en defensa dos animais formulou esta petición na páxina Change.org na que xa conseguiron reunir 46.000 sinaturas en menos de 24 horas para pedir a paralización do sacrificio das reses.