Primeira xornada de folga na empresa de limpeza Linorsa. O comité de empresa cualificou de “éxito” este primeiro día de protestas no que se acadou, indican, un seguemento de en torno a un 80% no total da empresa e un 100% nos centros públicos onde a empresa presta servizos, como é o CAPD de Sarria, a Residencia das Gándaras e a Dirección provincial do Sergas.
Ademais da folga, o cadro de persoal da empresa realizou esta mañá unha concentración fronte ao edificio administrativo da Xunta para pedirlle ao Goberno galego que rescinda todas as concesións que teñan vixencia coa empresa Linorsa. Solicitan ademais que se reteñan as fianzas depositadas pola empresa ao optar aos concursos e, con eses cartos, pagar os salarios que se lle adebedan aos traballadores.