Iniciados os trámites para construír o aparcadoiro da nova UNED

A Deputación de Lugo iniciou xa os trámites para a construcción dun aparcadoiro na nova sede da Uned. Segundo o ente provincial, a nova infraestrutura estará competamente rematada no mes de setembro.

Así o comunicou a vicevoceira socialista na Deputación, Pilar García Porto, que informou que a Xunta de Goberno aprobou unha modificación ao convenio de colaboración posto en marcha entre Deputación, Concello de Lugo, UNED e Consorcio Universitario do Centro Asociado da UNED, co fin de incluír obras de acondicionamento na parecela exterior, concretamente no aparcadoiro e na zona dos xardíns.

“Debemos realizar esta modificación para poder executar as obras do aparcadoiro, nas que se inclúen o acondicionamento da parcela; a licencia de primeira ocupación, a extensión da rede eléctrica, ou a instalación dos xardíns, entre outras. As obras están dotadas con 276.155,83 euros, xa contemplados na partida xeral dos 2 millóns de euros do ano 2013, polo que non supón incremento algún”, subliñou García Porto.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com