Expertos sinalan que é urxente mudar o actual modelo enerxético

Lídia Senra, a eurodeputada luguesa de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), foi este sábado a encargada de abrir na Estrada a xornada Presente e futuro enerxético da Galiza no Contexto Europeo, un evento organizado polo propio AGEe e que durante toda a xornada reúne no Teatro Principal da Estrada a diferentes persoas técnicas expertas en enerxía, así como a representantes das diferentes cooperativas alternativas enerxéticas que hai a día de hoxe no Estado español

Durante a presentación, Lídia Senra alertou de que “un dos obxectivos do actual mandato do Parlamento Europeo é o Mercado Único da Enerxía, o que pon de manifesto o interese do neoliberalismo en seguir avanzando cara a políticas que permitan beneficiar ás grandes empresas do sector enerxético, sen preocuparse nin do despilfarro nin do impacto negativo que o actual modelo enerxético ten no conxunto da cidadanía e no medio ambiente”.

A eurodeputada explicou que o obxectivo desta xornada é “abrir un debate que nos permita elaborar propostas e seguir avanzando en presentar iniciativas nos Parlamentos europeo, estatal e galego para continuar a loita social cara á transición enerxética e un novo modelo máis sostible”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com