O Conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, acompañado pola Delegada Territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, participou hoxe na inauguración da XXVII de Maquinaria Usada e Artesanía e da XI Gran Feira de Antigüidades de Cospeito.
Estas citas contribúen á dinamización económica de Cospeito e da comarca da Terra Chá, impulsando o comercio e a actividade empresarial da zona e atraendo ao municipio numerosos visitantes.
Nestes encontros, que se celebran ata o domingo na capitalidade do municipio, Feira do Monte, participan máis de 150 expositores. O programa inclúe tamén oferta gastronómica e animación musical, ademais de exhibicións en vivo de talla de instrumentos musicais.