O PP urxe celebrar unha xunta para a posible compra do edificio da Cámara

O Grupo Provincial do Partido Popular urxe á Deputación que convoque unha xunta de portavoces para tratar a posible compra do edificio que a Cámara de Comercio ten na Rúa Ramón Ferreiro e que prevén, tal e como ten proposto o PP, destinar ao servizo de recadación da institución.

A voceira do Grupo Provincial do PP, Elena Candia, rexistrará un escrito pedindo a celebración dunha xunta de portavoces, na que participen todos os grupos que conforman a Corporación provincial, co fin de coñecer os plans que o Goberno bipartito ten en relación coa posible adquisición do edificio.

A popular lembra que “foi o seu goberno o primeiro que fixo esta proposta co obxectivo de axudar ás familias afectadas pola situación que vive a entidade cameral e optimizar custos ao deixar de pagar o aluguer do actual servizo de recadación”, que sería trasladado ao inmoble da Rúa Ramón Ferreiro.

Elena Candia explica que “sería bo unificar posturas entre os grupos e coñecer a proposta do bipartito para poder darlle solución o antes posible”. Asegura que “o presidente non está a ser dilixente na resolución destas negociacións e que nada resolve”. “

Os populares reclaman que, posto que foron eles os que iniciaron os contactos e as vías para darlle solución a esta problemática non cesen os traballos e podan coñecer “de xeito oficial” as cifras da compra que se manexan, os prazos e os plans para ese edificio”, conclúe.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com