Lugonovo celebra o 25 de abril

Lugonovo realizará un acto para conmemorar o aniversario da Revolución Portuguesa, coñecida no país irmao como a Revoluçâo dos Cravos o acto terá lugar o luns, ás 20:00h nun local do nº 164 da Ronda da Muralla.

Nel intervirá Xosé Manuel González, que baixo título de “25 de Abril, o que foi e o que quedou“, expoñerá a súa visión do que significou para os portugueses e máis para os habitantes do estado español, daquela baixo u xugo da ditadura franquista.

A continuación concerto do cantautor Xosé Constenla, “Voces de Abril“. Ademais haberá petiscos e refrixerios para desfrutar da tardiña.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com