O Lugo gaña ao Mallorca e segue loitando pola promoción de ascenso

O equipo lucense comezou marcando o ritmo do encontro e gozando das mellores ocasións, marcando un bloqueo ao RC Mallorca que solo dispuxo dun disparo de Arana que saía desviado lonxe da meta de José Juan. Con este dominio dos de José Durán chegaba no minuto 22, o merecido gol para o Lugo, nun centro de Pereira que remataba Joselu.

Xa na segunda parte, o Mallorca mostrouse máis intenso no xogo, buscando o avance e mellorando na posición; e no ecuador desta segunda metade, chegaba o tanto para o Mallorca, cun disparo de Damián dende a frontal que nada puido facer José Juan. Coa igualada no marcador, o partido mostrabase aberto e intenso, pero eran os locais os que xa no tempo de desconto conseguían o gol da vitoria cun gran tiro de Seoane que lle daba a vitoria ao Lugo e que lles permite seguir loitando pola promoción de ascenso.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com