A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, presentou as bases que rexerán o VI Certame de Narrativa Xuvenil Entre Iguais, que convoca o Concello para difundir a importancia de acabar coa violencia de xénero e o machismo.
Durante o acto de presentación, a Concelleira subliñou a importancia deste certames para educar nunha igualdadade real e efectiva entre mulleres e homes á poboación máis nova e para sensibilizar aos mozos e mozas das estatísticas de violencia de xénero, que no que vai de ano acabou con 16 mulleres, segundo datos do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade.
Neste concurso poderán participar mozos e mozas con idades comprendidas entre os 12 e os 18 anos. Os traballos serán inéditos, escritos en lingua galega. O tema será libre, basada en calquera aspecto relacionado coa igualdade entre mullere e homes: o reparto das tarefas do fogar, o coidado das persoas ou o acceso ao traballo, entre outros. A extensión máxima será de cinco folios e deberase presentar por triplicado nun sobre co texto VI Certame de Narrativa Xuvenil Entre Iguais, sen remite e baixo un lema, e noutro sobre, co mesmo lema, os datos persoais do participante, que poderán presentar ata un máximo de tres traballos.
As narracións serán enviadas á Casa da Muller, situada no Parque da Milagrosa, na Avenida da Coruña, 212, ata as 13:00 horas do día 20 de maio de 2016.
Estabécense dúas categorías, de 12 a 14 anos, e de 15 a 18 anos, e tres premios para cada categoría, consistentes nun diploma e premios de entre 60 e 250 euros. A decisión do xurado farase pública no mes de xuño.