O voceiro do BNG – Asembleas Abertas, Rubén Arrox, denunciou o mal estado de moitas das estruturas de madeira situadas no paseo do Miño e do río Rato. Arroxo dixo que “ademais de facer o mantemento necesario nos camiños e no seu entorno hai que acometer o arranxo das estruturas de madeira”. Arroxo sianlou que, nalgúns casos, haberá que substituír algunhas destas infraestruturas xa que, ou ben desapareceron ou, o seu estado non permite o arranxo.
Rubén Arroxo dixo que “co bo tempo vaise incrementar o número de usuarios destes espazos de lecer e débense poñer a punto as infraestruturas que se estragaron”. “Hai pontes que despareceron coas cheas do río e que deixaron camiños incomunicados, noutros casos trátase de arranxos máis simples” informou o edil nacionalista.