Cargos electos, militantes e simpatizantes de Lugonovo, plataforma cidadá que acadou nas pasadas eleccións municipais 3 concelleiros

Lugonovo quere impulsar unha ruta gastronómica do bo vivir

Nunha reunión con membros do Goberno, o grupo municipal de Lugonovo propuxo o impulso “dunha Ruta gastronómica do bo vivir, como elemento integrador da nosa identidade e singularidade”. A devandita iniciativa consistiría na creación dunha rede de restaurantes e produtores que tería como finalidade “potenciar a nosa cociña a base de produtos autóctonos, mediante a creación dun selo de calidade, sometido a un estrico control”.

Lugonovo pensa que a gastronomía é un elemento esencial para o enriquecemento e complementando os destinos turísticos, e “a cociña tradicional, baseada en produtos autóctonos e de calidade, un elemento identificador e diferenciador do turismo, ademais de ser por si mesma un atractivo turístico”. “Trátase, polo tanto, de incorporar e potenciar a gastronomía tradicional baseada nos produtos da Terra á nosa oferta turística, complementando o lema E para comer, Lugo” inciden.

Para Lugonovo, esta iniciativa, “debe ir acompañada dunha ampla campaña de marketing que fortaleza a nosa singularidade gastronómica”. Ademais  subliñan ”débese impulsar, en convenio coa Universidade, o desenvolvemento dunha iniciativa de estudo e recuperación da nosa cociña tradicional, para dende aí innovar”. Esta iniciativa conclúe a Plataforma, “debería ir acompañada da creación dun obradoiro permanente de restauración de pratos de cociña tradicional ao tempo que de laboratorio de innovación deste tipo de produtos”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com