O Ministerio de Agricultura investirá preto de 600.000 euros en reparar os danos dos temporais

O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente investirá máis de 582.000 euros, en obras de emerxencia, a acometer de forma inmediata, para a reparación dos danos provocados polos temporais dos meses de xaneiro e febreiro de 2016 no Dominio Público Hidráulico (DPH) da provincia de Lugo.

Estas actuacións foron anunciadas esta mañá polo delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva,  acompañado polo presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Francisco Marín, e polo subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo.

Debido aos refachos de vento, superiores ao 100km/h, e as intensas choivas dos meses de xaneiro e febreiro, producíronse danos na canle e marxes de varios ríos da provincia de Lugo, así como o taponamiento de infraestruturas de paso, pola caída e debilitación dun importante número de árbores e gran cantidade de acarreos de restos vexetais e troncos.

Os traballos prolongaranse durante 5 meses e comezarán a primeira semana de maio nos tramos máis afectados de Ládraos, Parga, Madalena, Neira, Trimaz, Cabe, Sil, Miño e os seus afluentes, e serán executados por seis brigadas compostas por cinco operarios cada unha.

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com