Nova concentración no barrio da Residencia para reivindicar a dotación de servizos

A Asociación de Veciños e Comerciantes da Residencia levou a cabo unha nova concentración, para seguir a reivindicar a dotación de servizos para este barrio.

No acto estivo presente a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, que en declaracións salientou, “cinco anos despois do peche do Hospital Xeral, o edificio está a derrubarse á espera de que a Xunta decida que facer con el e a pesar das continuas peticións dos veciños e do Concello, os lucenses non vimos ningunha xestión para darlle uso, soamente observamos como medran os buratos neste emblemático edificio ao redor do que naceu e medrou este barrio”.

Asemade, a rexedora lamentou o “ninguneo da Xunta con Lugo, que vai in crescendo a medida que pasa o tempo, a pesar das numerosas visitas que realizan os Conselleiros populares á nosa cidade, para non facer outra cousa máis que para negar, sin ningún descaro, todo o prometido con anterioridade”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com