En Marea rexistrou esta semana no Congreso dos Deputados unha proposición non de lei para reclamarlle ao ministerio de Fomento a mellora das estradas de titularidade estatal que pasan pola comarca da Mariña. Isto é, a N-642, a N-634 e a N-640.
O deputado de En Marea pola provincia de Lugo, Miguel Anxo Fernán-Vello denuncia o “enorme déficit que padece a comarca en materia de infraestruturas” e salienta o mal estado no que se atopan as estradas estatais, “todas elas con importantes problemas de seguridade vial debido ao deterioro do firme e outras cuestións que afectan á seguridade vial”.
Neste sentido, Fernán-Vello explica que a N-642 no tramo entre Ribadeo e Foz “adoece dun lamentable estado de consevación do firme con numerosos socavóns, grietas e baches que son un auténtico perigo paraa circulación nunha vía moi transitada, especialmente no verán”.