O BNG pide “buscar recursos económicos” para a peonalización da Ronda

O BNG asambleas abertas agradeceu a todos os grupos no concello de Lugo o seu apoio á iniciativa de peonalizar a Ronda da Muralla no tramo da Mosqueira. Para o voceiro dos nacionalistas no concello, Rubén Arroxo, esta é unha iniciativa “irreversible, que abre un novo espazo para Lugo”. Arroxo engadiu ademais que “traballaremos a partir de hoxe para buscar os recursos económicos para a peonalización da Ronda da Muralla”.

O voceiro do bloque lembrou que os orzamentos municipais aínda non están aprobados. Con todo, segundo Rubén Arroxo, “no proxecto inicial aprobado hai partidas das que se poden detraer fondos para acometer esta actuación”.

Segundo Arroxo, o obxectivo do BNG é “facer que se materialice o acordo plenario”, motivo polo cal anuncia que farán “seguemento aos trámites” e pedirán “a asignación das partidas orzamentarias precisas”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com