Martínez sinala a Besteiro como autor dunha “manobra política” para apartalo da Deputación

O alcalde de Becerreá e deputado non adscrito na Deputación de Lugo, Manuel Martínez, sinala ao exsecretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, como un dos autores dunha “manobra política” para apartalo no seu día da presidencia do ente provincial.

Así o sinalou Martínez esta mañá nunha rolda de prensa, a primeira dende que foi arquivada a causa contra el por suposta prevaricación na adxucación da obra dunha estrada en Portomarín cando el era responsable de obras da Deputación.

Dita imputación provocou que o BNG vetase a Martínez como presidente do ente provincial. Hoxe o rexedor de Becerreá sinalou que o auto de sobresemento deixa claro que “non interveu en ningún dos pasos” para modificar o proxecto de dita estrada. Algo que, segundo Martínez, “sabían” socialistas e nacionalistas.

A este respecto, o deputado non adscrito dixo sentirse vítima dunha “manobra política” para expulsalo e denunciou a actitude de Besteiro. “Eu o que pedía era que o meu partido respectase os estatutos e as liñas vermellas. O partido ten que defenderme de forma clara ante o Bloque. Porque se o día 19 valía como candidato o 24 tamén”, sentenciou.

O rexedor de Becerreá tamén cargou contra o actual presidente do ente provincial, Darío Campos. Segundo Manuel Martínez a chamada “era Campos” non é máis que “unha época de mentiras, de faltar á palabra e de alguén que non ten a dignidade suficiente para ser presidente da Deputación, porque incumpríu a súa palabra e mentíu en todas e cada unha das cousas que acordou”, aclarou.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com