A Xunta iniciará no verán as obras de ampliación do Hospital da Costa

A Xunta iniciará no verán as obras de ampliación e mellora do Hospital da Costa, en Burela, mediante o investimento de 12,8 millóns de euros. A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, e o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, supervisaron esta mañá os traballos previos á redacción do proxecto de execución da primeira fase das actuacións de ampliación.

Ethel Vázquez sinalou que no vindeiro mes de xullo a Xunta xa disporá do proxecto de execución para proceder, a continuación, á súa supervisión e aprobación. A conselleira explicou que actualmente estanse a executar traballos xeotécnicos, que se iniciaron a pasada semana, para contar cun coñecemento detallado do terreo e poder definir axeitadamente os distintos elementos construtivos desta actuación.

Estas accións estaas a levar a cabo a empresa adxudicataria dun contrato que integra a redacción do proxecto de execución e a realización das obras, nun procedemento deseñado para que a mellora do hospital se materialice o antes posible.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com