Lugonovo denuncia a publicidade sexista colocada nas saídas da cidade

O grupo municipal de Lugonovo ven de emitir un comunicado contra o que considera un caso flagrante de publicidade machista anunciando locais de alterne. Isto segue a acontecer despois de que se aprobara nos últimos meses en pleno a prohibición de publicidade sexista na vía pública, así como a adhesión de Lugo á Rede de Cidades Libres de Tráfico de Mulleres.

“Cando hai asasinatos de mulleres ou casos de maltrato todo o mundo se escandaliza, pero logo consentimos este tipo de violencia de xénero, que é o seu xerme, con total normalidade”, laiábase Cristina Pérez Herraiz, concelleira de Lugonovo, en referencia a un espazo publicitario situado no polígono do Ceao, anunciando un local de alterne mediante un debuxo totalmente vexatorio e humillante para as mulleres.

Segundo Lugonovo, “a presencia destes carteis vén agravada polo feito de que recentemente se decidise en Pleno, por unanimidade, a prohibición de publicidade sexista en todo o concello de Lugo por medio dunha ordenanza municipal. Tamén se aprobou outra moción para a adhesión de Lugo á Rede de Cidades Libres de Tráfico de Mulleres, Nenas e Nenos destinados á prostitución”.

A concelleira de Lugonovo xa denunciara “que aínda se poden ver en Lugo diversos espazos publicitarios anunciando clubs e salas de alterne”. Neste senso, Pérez Herraiz indicou que “non se pode estar vendendo dende o Concello a necesidade de concienciar e sensibilizar á cidadanía e permitir, ao tempo, este tipo de publicidade que obxetiviza e humilla ás mulleres”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com