Christian VIllamide realiza cos usuarios do taller de carpintería de Aspnais a súa escultura A Fraga Núa

O pintor e escultor lucense Christian Villamide foi un dos preto de douscentos lucenses das artes, as letras e a sociedade, que visitaron os talleres de Aspnais con motivo da celebración do seu Cincuentenario. E no transcurso desa visita xurdiu un proxecto de colaboración (A Fraga Núa), para realizar baixo a súa dirección polos traballadores-usuarios do Taller de Carpintería que Aspnais ten na súa sede das Arieiras. Froito dese proxecto de colaboración será a escultura do mesmo título, confeccionada con madeira de dez árbores de diversas especies, cunha altura aproximada de catro metros, traballada en parte manualmente e en boa parte mecanicamente no torno. O resultado será unha estrutura na que se intercambian as pezas das distintas especies, ensamblándoas de novo e culminando a obra coloreando de branco diferentes zonas.

A idea principal do autor en relación á obra é ofrecer testemuña da continua agresión que sofre a natureza na extracción de materias primas, en cuxo proceso só se aproveita un 20% do extraído, mentres que se degrada e desaproveita un 80%. O primeiro paso do traballo conxunto entre Christian Villamide e os usuarios de Aspnais que traballan no taller de Carpintería, foi arrincar a cortiza das árbores antes de intervilos, creando conciencia entre os participantes acerca da transformación da paisaxe, evidenciando a fraxilidade da contorna, e establecendo un paralelismo entre a extracción da cortiza das árbores para iniciar o seu aproveitamento, coa que rexistra a terra ao modificar o ecosistema inicial para poder cultivala, comparándoa co arrincado da pel dun animal se queremos que nos sirva de alimento, para chegar ao coñecemento da fraxilidade de nosa propia pel, que tanto protexe ao ser humano. Sostén o artista que este acto ritual de arrincar a pel, (pel que é forte pero fráxil e sen ela non podemos vivir), permítenos adaptar a contorna ás nosas necesidades e asegurar a supervivencia, pero isto tamén supón a colonización brutal, descontrolada e desgarrada da superficie terrestre. E unha pel que a priori parece moi resistente, se non se protexe adecuadamente, deixará estéril a superficie terrestre e morto a calquera organismo. A confección desta escultura, que se atopa en fase moi avanzada, provocou interesantes reaccións entre os colaboradores na súa realización, que expresaron orixinais opinións e expuxeron dúbidas, colaborando sempre de forma entusiasta. E expresaron repetidamente a súa satisfacción por participar na confección dunha obra de arte, en contraste co habitual traballo dun taller de carpintería. Suxire o artista que este e outros talleres de Aspnais, froito do traballo destes cincuenta anos, son lugares perfectos, por instalacións pero especialmente pola disposición dos usuarios, para todo de iniciativas e realizacións

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com