O PP dálle unha semana ao Goberno para convocar a comisión de municipalización do guindastre

O PP de Lugo dálle un ultimato dunha semana ao Goberno local para que avance na remunicipalización do servizo do guindastre municipal. Os populares advirten de que se no prazo de sete días non se convoca a comisión de municipalización volverán trasladar esta cuestión ao pleno para forzar a súa convocatoria.

O voceiro dos populares Jaime Castiñeira sinala que a empresa xa lle facturou ao concello de Lugo uns 300.000 euros durante estes seis meses por un servizo que non está prestando. Castiñeira acusa tamén á alcaldesa Lara Méndez de “perpetuar” no concello as políticas dos seus precedesores, José López Orozco e Francisco Fernández Liñares.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com