O BNG pide facer peonil o recinto amurallado e a Mosqueira durante o Arde Lucus

O BNG de Lugo propón que durante toda as celebracións do Arde Lucus permaneza liberado ao tráfico de vehículos tanto o tramo da Ronda da Muralla á altura da Mosqueira como o recinto amurallado. O voceiro dos nacionalistas, Rubén Arroxo, sinalou que este “é un xeito de avanzar na peonalización da cidade e de gañar un espazo para unha das festas máis importantes das que se celebran na nosa cidade”.

Arroxo lembrou que o pleno da corporación xa se pronunciou a favor de peonalizar este tramo da ronda da Muralla e esta “é unha boa ocasión para recuperar este espazo para as persoas nunha datas tan significadas e festivas”.

“A xente que ven a Lugo valora o aspecto xeral da cidade e a presenza de vehículos non contribúe a unha boa valoración da cidade nin do Arde Lucus, por isto pedimos liberar da presenza de vehículos a motor tanto o recinto amurallado como a zona máis simbólica da cidade como é a Mosqueira”, subliñou Arroxo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com