Morre un operario en Ribas de Sil tras un accidente laboral no monte

Morre un operario duns trinta anos en Ribas de  Sil tras un accidente laboral cando realizaba un desbroce nun monte situado neste concello. A vítima rozaba unha zona do monte cando unha árbore lle caeu enriba e perdeu a vida.

Un equipo de bombeiros e un grupo de voluntarios de Protección civil da localidade achegáronse ao lugar do accidente, entre Lamoá e Castro Caldelas. Os bombeiros liberaron á vítima, que estaba atrapada baixo a árbore pero nada puideron facer por salvarlle a vida.

O suceso tivo lugar contra as dúas da tarde e foi un compañeiro do falecido o que alertou ao servizo de emerxencias 112.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com