O contorno do Miño e do Parque de Feiras e Exposicións escenario do Corre con Nós

Este sábado celebrouse unha edición máis do Corre Con Nós, que discorreu polo entorno do Parque de Feiras e Exposición de Lugo, e na que se deron cita ao redor de 2.800 atletas de todas as idades, dos 5 anos en diante, tanto afeccionados como profesionais, e de todos os puntos do municipio e da provincia. Trátase da quinta carreira popular, enmarcada na 16ª edición do Corre con Nós, que engloba un total de 6 carreiras ata xuño.

O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, deu o pistoletazo de saída ás diferentes categorías desta carreira, que tivo un percorrido de entre os 350 metros e os 1,8 quilómetros para as categorías infantís e de 5´8 quilómetros para os adultos. Fernández destacou o “éxito de participación” desta cita deportiva, así como nas súas potencialidades, que pasan por fomentar a práctica do deporte e por promover a riqueza de Lugo.

Ao finalizar as probas, o Concelleiro fixo entrega de medallas e trofeos aos gañadores das categorías infantís, tanto femininas como masculinas.

Últimas probas

As últimas probas do Corre Con Nós nas categorías infantís, terán lugar o sábado 4 de xuño nas Pistas da Cidade Cultural e na categoría de adultos será o domingo 5 de xuño no Complexo Deportivo de Frigsa.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com