O censo electoral para as xerais exporase nas oficinas municipais do 9 ao 16 de maio

O Concello de Lugo informa de que entre o luns 9 e o luns 16 de maio, ambos os dous inclusive, permanecerá exposto ao público nas oficinas municipais o censo electoral para os comicios xerais convocados para o 26 de xuño co obxecto de que todos os veciños e veciñas empadroados no municipio poidan comprobar a súa correcta inscrición nas listas de votación e, en caso de erro, poder facer as reclamacións oportunas.

A consulta das listaxes, que se deberá realizar persoalmente, é un trámite necesario e conveniente para toda a cidadanía como garantía do seu exercicio de dereito ao voto nas vindeiras eleccións xerais.

O censo electoral, pechado con data 1 de marzo de 2016, pódese consultar todos os días. Durante as xornadas laborais permanecerá exposto nas oficinas municipais da Ronda da Muralla, 197, e durante a fin de semana exporase na Casa do Concello, na Praza Maior. O horario de exposición será de 9:00 a 14:00 horas en días laborais, e de 10:00 a 14:00 horas o sábado día 14 e o domingo 15 de maio.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com