O partido comezaba cos dous equipos loitando por encaramarse na zona nobre da clasificación. Durante os primeiros minutos, o obxectivo de ambos era o control das liñas interiores e era o Alcorcón, no minuto 6 o que tras un balón cruzado dende a esquerda, David López lograba bater a José Juan. Co marcador en contra para o Lugo, eran os de Durán os que buscaban a igualada insistentemente, achegandose a portería contraria e ao tan ansiado empate, que chegaba no minuto 12 cun penalti a Pereira que lanzaba Joselu e transformaba en gol.
Con empate no marcador, remataba a primeira parte, con boas opcións de gol para ambos equipos.
A segunda metade arrincaba con problemas para os de Durán, xa que o Alcorcón tomaba a dianteira no ataque e provocaba a necesaria reacción do equipo lucense, que buscaba o equilibrio. Con esta premisa, José Durán retiraba a Iriome e daba entrada a Campillo, co que sumaba un efectivo máis na liña medular.
O partido continúaba moi igualado, con oportunidades para ambos equipos, aínda que sen fortuna para ningún, e era David Rodríguez quen, aproveitando un erro na defensa do Lugo, batía a José Juan e marcaba o 1-2 definitivo.