Investigado un home por conducir ebrio e ter un accidente cos seus fillos en Vilalba

Investigado un condutor por un presunto delito contra a seguridade vial tras sufrir un accidente en Vilalba no que resultaron feridos graves os seus dous fillos menores de idade. O home deu positivo no control de alcolemia.

En concreto, o sinistro tivo lugar na tarde de onte na estrada que une Vilalba con Chavín, á altura de San Simón da Costa. O coche que conducía o home, de 42 anos saiuse da vía, bateu contra un talude e envorcou posteriormente.

En dita colisión resultaron feridos graves os seus dous fillos menores de sete e nove anos, que non levaban posto o cinto de seguridade nin ningún sistema de retención. Os dous rapaces foron trasladados ao Hula, onde permanecen ingresados.

Os axentes da Garda Civil comprobaron que o home superaba a taxa de alcolemia permitida. Ademais, segundo informou o Instituto Armado, o condutor xa contaba con antecedentes por conducir ebrio.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com