Aberto o prazo do concurso para deseñar o cartel do San Froilán 2016

Aberto o prazo do concurso para o deseño do cartel do San Froilán 2016. A Concelleira de Cultura Carmen Basadre, deu a coñecer este martes as bases do concurso de deseño gráfico para elexir o cartel do San Froilán Miúdo e do San Froilán Miúdo 2016, que terá lugar do 4 ao 12 de outubro.

Poderán concorrer cantos autores o desexen, con traballos de técnica libre, presentando cada un cantas obras considere oportunas, sendo condición indispensable que as obras sexan orixinais.

Tal e como anunciou a edil, “os deseños contribuirán a ensalzar a cidade de Lugo e as súas festas patronais, así como a nosa cidade no seu conxunto”.

Carmen Basadre subliñou os aspectos obrigatorios a figurar nos carteis: Lugo, San Froilán 2016, Festa de Interese Turístico Galego e Fiesta de Interés Turístico Nacional, así como as datas de celebración, do 4 ao 12 de outubro, e a imaxe corporativa do Concello.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com